Friday 17 de May de 2024

Medio cento de centros educativos enchen Santa Margarida para celebrar o Día da Ciencia na Rúa


Os Museos Científicos rexistran este sábado un alto número de visitantes, estando agotados xa todos os convites para o Aquarium Finisterrae

O parque de Santa Margarida acolle este sábado unha nova edición do Día da Ciencia na Rúa, que ten como protagonistas principais ao alumnado e profesorado de centros educativos de diversas localidades galegas que traen as actividades e experiencias que prepararon durante meses para convidar a cidadanía a descubrir, aprender e xogar coa ciencia e a tecnoloxía. Hai presentes 48 centros escolares da Coruña, Betanzos, Culleredo, Ribadeo, Cambre, Carral, Coristanco, Ortigueira, Arteixo, Miño, Arzúa, Pontedeume, As Pontes, Outes, Zas, Poio, Oleiros e Cerceda.

Durante todo o día, alumnos e alumnas amosarán á cidadanía os seus proxectos científicos. Ademais, houbo diferentes actividades paralelas, como a actuación da Banda Municipal de Música da Coruña na escalinata da Casa das Ciencias. Os museos científicos son este sábado de acceso gratuíto. No caso do Aquarium Finisterrae, era necesario retirar previamente uns convites que xa están esgotados. A entrada á Domus e Casa das Ciencias é libre e no que vai de xornada rexistrouse un alto número de visitas.